Noticias

10.03.2010

Continúa aberto o prazo para participar na VIII Edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal

RECOMENDAR
Pechar

Recomendar

IMPRIMIR IR A COMENTARIOS ATRáS

2.6/5 [47 Voto/s]

Continúa aberto o prazo de inscrición para participar no VIII Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que terá lugar en outubro de 2010 en Santiago de Compostela. As bases están dispoñibles na pestaña ‘Amal 10’ desta web e, como novidade este ano, a inscrición pode realizarse tamén online. A data límite para a presentación dos traballos é o 15 de Xuño de 2010.

Poderá presentarse calquera longametraxe de ficción, documental ou curtametraxe producida ou coproducida por un país árabe, así como aquelas películas que aborden temática árabe, independentemente do seu país de orixe. Os traballos presentados deberán estar finalizados entre os anos 2008 e 2010.

As películas seleccionadas serán proxectadas nas sedes do Festival. As curtametraxes, tanto documentais como de ficción, poderán verse, como xa ocorreu na pasada edición, a través desta web.

Amal é o único Festival de España especializado en temática árabe, que traballa cunha firme vontade de servir como punto de encontro para o diálogo entre culturas. Durante os seus sete anos de vida, o Festival experimentou un crecemento progresivo, incrementando a súa oferta de actividades e a súa difusión nos medios. Entre elas, destacan as Mostras Amal, unha iniciativa posta en marcha para difundir e promover o cine árabe máis aló do Festival. Desde o 27 de marzo está en marcha a Mostra Amal en Palestina e están previstas outras en cidades como Vigo ou Bos Aires.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook Engadir a MySpace Engadir a Live Spaces Chuza esta noticia Engadir a Menéame Engadir a Fresqui Engadir a MSN Reporter Engadir a Technorati Engadir a Del.icio.us Engadir a Yahoo Engadir a Google Bookmarks Engadir a Blinklist

Comentarios

Sen comentarios

Deixar comentario

Fundación Araguaney

GALERÍAS

VIDEOS

ÚNETE AO AMAL

ÚNETE AO AMAL

TENDA