Noticias

15.10.2009

Un documental da selección oficial de Amal nomeado aos Premios do Cine Europeo

RECOMENDAR
Pechar

Recomendar

IMPRIMIR IR A COMENTARIOS ATRáS

3.0/5 [128 Voto/s]

O programa do Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal proxecta unha película documental nomeada aos Premios do Cine Europeo. Trátase de Lles Damnes da Mer (Os condenados do mar) dirixida por Jawad Rhalib. O documental forma parte da sección competitiva da sétima edición de Amal e será proxectado o luns 26 de outubro ás 20.00 horas no Teatro Principal compostelán.

A película fala da situación de Essaouira, un pequeno pobo marroquí na costa atlántica anteriormente coñecido como Mogador. Foi, en tempos, o primeiro porto en capturas de sardiña do mundo, pero hoxe en día o peixe abandonou as súas augas. Os condenados do mar canta a vida de miles de pequenos pescadores que tiveron que emigrar ao sur, a Dakhla, no Sahara, esperando pescar algo para poder gañarse a vida.

O director nomeado, Jawad Rhalib visitará en Compostela para presentar o seu documental ao público asistente ás proxeccións de Amal.

A Academia do Cine Europeo, unha institución fundada en 1988 para promocionar a cultura audiovisual europea, é a entidade encargada de convocar eses premios. Está formada por máis de 2.000 profesionais europeos relacionados co mundo audiovisual.

Na rolda de prensa de presentación de Amal, o director do Festival Ghaleb Jaber Martínez recalcou a importancia do xénero documental para dar a coñecer a variada realidade dos países árabes.

O Festival traerá a Santiago de Compostela proxeccións de 36 películas en competición, que abordan desde a ficción e o documental, en formato de longa e curtametraxe. O conflito palestino-israelí, o papel da muller no mundo árabe e a inmigración son algúns dos temas recorrentes nestes traballos.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook Engadir a MySpace Engadir a Live Spaces Chuza esta noticia Engadir a Menéame Engadir a Fresqui Engadir a MSN Reporter Engadir a Technorati Engadir a Del.icio.us Engadir a Yahoo Engadir a Google Bookmarks Engadir a Blinklist

Comentarios

Sen comentarios

Deixar comentario

Fundación Araguaney

GALERÍAS

VIDEOS

ÚNETE AO AMAL

ÚNETE AO AMAL

TENDA