Actividades paralelas

23.10.2009 - 14.11.2010

OS PRIMEIROS PASOS DO CINEMA EXIPCIO

Este ano o Festival Amal, en colaboración co Festival de cinema Africano de Tarifa e Casa Árabe, traerán a Santiago unha retrospectiva dos primeiros pasos do Cinema Exipcio.

RECOMENDAR
Pechar

Recomendar

IMPRIMIR IR A COMENTARIOS ATRáS

2.4/5 [260 Voto/s]

Este ciclo que poderemos ver na sede da Fundación Caixa Galicia na Rúa Nova, recolle as producións máis destacadas da idade de Ouro do Cinema Exipcio, sen dúbida una ciclo obrigatorio para aqueles amantes do cine en Branco e Negro.

 

CICLO: OS PRIMEIROS PASOS DO CINE EXIPCIO

  • Data: Do 26 ó 30 de Octubre
  • Sede: Auditorio Fundación Caixa Galicia  (Rúa do Vilar, 19)
  • Horario: de L a V ás 18:30h

PROGRAMACIÓN

Selección de cortos de animación, Herschel, Salomon e David Frenkel, 1935-1950,
LUNS 26
Duración: 30’

Durante os anos 30 en Exipto, os irmáns Frenkel comezaron a realizar as súas primeiras películas de animación, utilizando case sempre o mesmo protagonista, Mish Mish Efendi. Tamén realizaron anuncios, sempre moi influenciados polos debuxos animados chegados desde Estados Unidos.

La rosa blanca (Al Warda Al-baida), Mohamed Karim, 1933.
MARTES 27
Duración: 110’

Galal Effendi, o fillo dun empobrecido aristócrata, vese obrigado a deixar os seus estudos para buscar traballo. Tras un breve período como vendedor, Galal descobre o seu talento artístico e logra un gran éxito como cantante. Mohamed Karim realiza a primeira película significativa para a chegada do cine sonoro, protagonizada polo popular músico e cantante Mohamed Abdel Wahab.

Weddad, Fritz Kramp y Gamal Madkoor, 1936.
MÉRCOLES 28
Duración: 100’

Un rico comerciante vese obrigado a vender a súa escrava, da que está profundamente namorado, cando perde a súa fortuna. Pero o destino quere que os dous amantes se reencontren...r Primeira película estreada con extraordinario éxito polos estudos Misr que lanzaron a famosa diva Um Kalzum e afirmaron o musical como o xénero de predilección do cine exipcio.

Salama va bien (Salama fi khayr), Niazi Mostafa, 1937.
XOVES 29
Duración: 98’

Salama, primeiro bedel dunha gran tenda de teas e o home máis honrado de todo O Cairo, logo dunha serie de malentendidos, é acusado de roubar unha importante suma de diñeiro da tenda. Película representativa das primeiras comedias exipcias e unha das mellores películas do período de entreguerras.

Amor y venganza (Gharam wa enteqam), Youssef Whabi, 1944.
VENRES 30
Duración: 98’
Unha famosa cantante retírase para casar co amor da súa vida. Este é asasinado ao día seguinte. Ela xura vingarlle, polo que decide seducir o sospeitoso. Unha historia de amor case imposible cun dramático final. Clásico dos anos 40 e representativa do melodrama sentimental.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook Engadir a MySpace Engadir a Live Spaces Chuza esta noticia Engadir a Menéame Engadir a Fresqui Engadir a MSN Reporter Engadir a Technorati Engadir a Del.icio.us Engadir a Yahoo Engadir a Google Bookmarks Engadir a Blinklist

Comentarios

Sen comentarios

Deixar comentario

GALERÍAS

VIDEOS

ÚNETE AO AMAL

ÚNETE AO AMAL