08.07.2010
O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal ofrece a directores e produtores a Arab Film Festivals Network, unha plataforma online de Festivais de Cine Árabe de todo o mundo. Deste xeito, Amal pretende facilitar aos profesionais vinculados ao cine árabe a localización de festivais aos que poder enviar as súas producións.
Na web desta rede, www.cinearabe.com, os interesados poderán atopar toda a información sobre festivais de cine de temática árabe, que se centran na súa maioría en Europa, Asia e Oceanía, así como sobre todos os que se celebran en países árabes, independentemente da súa temática.
Ata a data, a Arab Film Festival Network dispón de datos sobre un total de 63 eventos. Non obstante, Amal ofrece aos membros de calquera festival de cine árabe que non figure na rede a posibilidade de cubrir un formulario dispoñible na web e, en caso de cumprir cos requisitos, entrar a formar parte da plataforma.
Sen comentarios