Noticias

16.06.2010

Péchase o prazo de inscrición de Amal, cun incremento da participación dun 40% respecto ao ano pasado

RECOMENDAR
Pechar

Recomendar

IMPRIMIR IR A COMENTARIOS ATRáS

2.4/5 [38 Voto/s]

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal pechou o prazo para participar na súa oitava edición, que se celebrará entre o 23 e o 30 de Outubro. Este ano as inscricións aumentaron un 40% respecto da edición anterior e recibíronse películas procedentes de 51 países de todo o mundo. A repercusión de Amal segue aumentando ano tras ano e o Festival cada vez é máis recoñecido internacionalmente.

O maior número de producións de países árabes procede de Palestina, seguida polo Líbano, Exipto, Marrocos e Alxeria. Pola súa banda, Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes e, a continuación, España e Reino Unido.

Este ano o número de producións de ficción e de documentais está bastante igualado, o que supón unha novidade, xa que ata agora o xénero documental sempre superara ao de ficción. En canto ao formato, recibíronse máis curtametraxes que longametraxes: entre os primeiros predomina a ficción e, no caso dos longos, son maioría os documentais.

As obras seleccionadas para a VIII edición de Amal serán proxectadas nas sedes do Festival, e as curtametraxes, tanto documentais como de ficción, poderán verse a través desta web, como xa ocorreu na pasada edición.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook Engadir a MySpace Engadir a Live Spaces Chuza esta noticia Engadir a Menéame Engadir a Fresqui Engadir a MSN Reporter Engadir a Technorati Engadir a Del.icio.us Engadir a Yahoo Engadir a Google Bookmarks Engadir a Blinklist

Comentarios

Sen comentarios

Deixar comentario

Fundación Araguaney

GALERÍAS

VIDEOS

ÚNETE AO AMAL

ÚNETE AO AMAL

TENDA